Información sobre salmónidos

Na Piscifactoría Javier de la Calle só nos adicamos á cría de Troita Arco Iris, pero imos adicar algún espacio a falar doutros salmónidos que habitan nos ríos galegos.

Troita Arco Iris (Oncorhynchus Mykiss)

Troita Arco Iris

Distribución

A troita Arco Iris é nativa dos ríos do Océano Pacífico e auga frescas do Oeste dos Estados Unidos. Habita de forma natural dende México ata Alaska, sen embargo, foi profusamente introducida ao largo de todo o mundo. En Galicia introdúxose para repoboar ríos pero agora en liberdade parece estar en recesión.

Aspecto

O color dos adultos en auga fresca varía de azul metálico a algo máis verdoso na parte superior, e vai clareando hacia a parte inferior, coa barriga de cor branca ou amarela.

Teñen moitos pequenos puntos negros que recorren o seu corpo dende a cabeza á cola, estes puntos son máis abundantes na parte superior do corpo. Distínguese da troita común en que os puntos son máis pequenos, non posúe puntos bermellos e os puntos non teñen un aro de cor branca arredor. Os peixes adultos teñen unha franxa rosada distintiva que lles recorre o corpo dende as agallas á aleta caudal.

A troita arco iris pode chegar a pesar máis de 10 Kg.

Características

A troita arco iris pode residir en lagos, lagoas e correntes. Prefiren augas de temperaturas entre 12 e 18° C e viven mellor en augas claras e frescas de lagos ou ríos de moderado fluxo e boa profundidade.

Reprodúcense na primaveira (xeralmente de Marzo a Maio) en pequenos afluentes de ríos ou accesos a lagos. A reproducción tamén pode ter lugar a finais do outono ou comenzos do inverno.

Os ovos son de 3 a 5 mm. de diámetro e eclosionan entre 4 e 7 semanas dependendo da temperatura do auga. En outros 3 a 7 días os xóvenes absorven o saco vitelino e saen da area.

As troitas xóvenes buscan cuvertos e prefiren pouco augas lentas e pouco profundas onde escombros e rocas den protección. As troitas adultas móvense a correntes máis rápidas e profundas.

A troita arco iris toma unha gran variedade de alimentos, pero en auga dulce comen principalmente insectos, crustaceos e outros peixes. Fanse adultos a idades entre 3 e 5 anos con tamaños que van dos 15 ós 40 cm. Poden chegar a vivir 10 anos.


Troita Común (Salmo Trutta)

Troita comun

Distribución

A troita común habita de forma natural ó largo de Europa e Asia occidental. Abarcan dende o sur de Finlandia ata o norte de África, polo oeste ata Islandia e polo este ata Afganistán.

É a troita autóctona de Galicia, e é que máis abunda e se pesca nos nosos ríos. Aínda que por diversos factores a súa poboación está está disminuindo de xeito preocupante.

Aspecto

A troita común caracterízase polos puntos negros que cubren a parte superior do seu corpo da cabeza á cola. Estes puntos son máis grosos que no caso da troita asalmonada e poden estar rodeados por un halo de cor máis claro. Tamén soe presentar outros puntos de cor bermello nos laterais.

A súa cor e marrón na parte superior do corpo e vai aclarándose hacia abaixo, a barriga é de cor amarelo. A pequena aleta na parte superior, cerca da cola ten un matiz bermello.

A troita común pode chegar a ser bastante grande, con exemplares de máis de 3 Kg. nos lagos, aínda que nos rís é difícil atopar peixes de máis de 1.5 Kg.

Características

A troita común prefire augas claras de ríos e lagos, con temperaturas entre 12 e 19° C. Son peixes cautelosos e evasivos e buscan refuxio máis que ningún outro salmónido.

Son animais carnívoros, comen insectos de auga e terra así como lombrices, gusanos, outros alevíns doutros peixes e ranas ou salamandras.

A troita común desova entre outono e o inicio do inverno (de Outubro a Febreiro). Para deshovar escollen lugares con un bo fluxo de auga e que teñan un fondo arenoso ou de grava. Unha femia de 2 Kg. pode poñer máis de 3000 ovos, que son de cor roxizo e duns 4 mm. de diámetro.

Despois de eclosionar, os xóvenes peixes permanecen enterrados na grava e toman o seu alimento do saco vitelino. Cando o saco vitelino se esgota comenzan a alimentarse de comida natural.

A troita común de máis dun ano gusta de moverse sobre fondos de area ou grava e nas zonas rápidas dos ríos. Os adultos atópanse en augas algo máis profundas e son máis activos polo amanecer ou polo atardecer, son bastante difíciles de atrapar.

Son capaces de reproducirse a partires do terceiro ano. A troita común pode chegar a vivir máis de 10 anos, pero moitas delas a partires dos 5 anos móvense hacia o mar.


Salmón Atlántico (Salmo Salar)

Salmón Atlántico

Distribución

É un dos membros mellor coñecidos da familia dos salmónidos. Son nativos do Atlántico Norte e ríos costeiros e pode atoparse a ambos lados do Océano Atlántico, dende partes de Rusia, Portugal, Islandia e Groenlandia ata Canada e os Estados Unidos.

Debido á sobrepesca e a destrucción do seu habitat, o salmón non pode atoparse en moita da súa área orixinal e o número de capturas descendeu seriamente.

Aspecto

O salmón en auga salada é de cor azul, verde ou marrón na parte superior e plateado polos costados e a barriga. Na parte superior do corpo pódense atopar varias manchas negras en forma de X.

En auga dulce ten unha cor entre púrpura e bronce e ás veces ten manchas bermellas na cabeza e no corpo.

Os salmóns xóvenes abandonan a auga dulce e van ó mar cando teñen entre 12 e 20 cm. de lonxitude. Os machos na época do desove desenrolan unha mandívula inferior en forma de gancho. Cando finalizan o desove fanse máis oscuros de cor.

O salmón no mar pode chegar a medir un metro e pesar máis de 20 Kg., pero a maioría chegan a pesar arredor dos 9 Kg.

Características

O nome científico salar ven do latín "salio" que significa saltar. O salmón atlántico pode dar saltos de máis de 3 m. de altura e 5 m. de lonxitude.

En liberdade un de cada 10 salmóns sobrevive para chegar a adulto, e en moitos ríos menos de entre eses, un de cada un vintecinco chega a reproducirse.

O salmón atlántico pasa parte da súa vida alimentándose e medrando en largas migracións polo mar, e logo volta ó lugar onde naceu para reproducirse. Sábese que o salmón no mar recorre grandes distancias. Os nosos salmóns chegan ás costas de Groenlandia.

O salmón que está listo para reproducirse móvese río arriba dende primaveira ata outono. Estas subidas son moi consistentes e ocurren ó mesmo tempo cada ano en cada río.

O desove ocurre entre Outubro e Novembro, en sos arenosos. Xeralmente ten lugar ó anoitecer. A femia construe un nido de 15 cm. de profundidade na area ou grava. Despois de que a femia e o macho desovan, enterran os ovos que son de 4-7 mm.

Os salmóns, agotados despois da reproducción, voltan ó mar inmediatamente despois do inverno ou permanecen no río ata primaveira. Algúns sobrevivirán para reproducirse de novo, pero poucos chegan a reproducirse 3 veces.

Os ovos de salmón tardan tempo en eclosionar, arredor de 110 días, en primaveira. Os alevíns de salmón permanecen enterrados ata 5 semanas máis mentres absorven o saco vitelino. Os salmóns xóvenes que emerxen teñen arredor de 2.5 cm. en Maio ou Xuño.

Aliméntanse durante o día e comen principalmente insectos e outros invertebrados. Os salmóns xóvenes viven en rápidos de pouca profundidade con fondos de area, grava ou pedra.

Voltar

@2000 naestrada.com   admin@naestrada.com
Última modificación: 30/9/2000
Realizado con Quanta+ 1.04
Gráficos con Gimp 1.04