Recetas culinarias

Nesta sección intentaremos ir introducindo recetas de cociña para peixes de río, especialmente troita e salmón.

Se sabe algunha receta que considere interesante, pois mande un mail á persoa que mantén esta páxina web: mavalla@retemail.es.
¡E moitas gracias pola colaboración!


Troitas fretidas

Ingredentes

12 troitas medianas
Unto para fretir
12 culleres de fariña de millo

Preparación

Límpanse as troitas, lávanse e rebózanse en fariña de millo.
Nunha tixola ponse a derretir o unto e cando estea ben quente frítense nela as troitas.
Deben quedar ben douradas, pero hai que ter coidado de que non se queimen.


Troita encebolada

Ingredentes

Troitas de 400 g. ou máis, unha por persoa
Aceite de oliva
Tomillo
Cebolas largas ou de talo
Laurel

Preparación

Sacarlle as espiñas ás troitas, pasarlle aceite de oliva cun pincel polo interior. Agregar laurel e tomillo a gusto, introduci-los tallos de cebola e pechar as troitas. Envolvelas en papel de aluminio e metelas no forno a unha temperatura de 350° durante 15 min.

Receta por Juan Carlos Forero Mejía (jforero@ibm.net)


Troita en papillote

Ingredentes

Troita de 300 g.
Pemento verde de 75 g.
2 talladas de xamón
Cebola 125 g.

Preparación

En primeiro lugar pochámo-la verdura. Despois metémo-la troita no papel cunha tallada de xamón e a verdura. Asámola 10 minutos no forno forte e sacámola para servila directamente. Podemos empregar troita de piscifactoría aínda que é moito mellor facelo con troita de río.

Receta por Francisco Javier Marcos Rodríguez, restaurante "La Marea", Xixón.

Voltar


@2000 naestrada.com   admin@naestrada.com
Última modificación: 30/9/2000
Realizado con Quanta+ 1.04
Gráficos con Gimp 1.04