Información para pescadores

Nesta páxina iremos poñendo información que considermos interesante para os aficionados á pesca fluvial, con especial atención ós ríos da comarca de A Estrada e arredores.

Se alguén quere informarnos sobre algo, facer algunha suxerencia ou simplemente un comentario, pode poñerse en contacto coa persoa que mantén esta páxina web: mavalla@retemail.es.

Períodos hábiles de pesca

Neste ano 2000 os periodos hábiles de pesca en Galicia foron do 19 de marzo ó 20 de agosto, excepto para algunhas especies.

No concello de A Estrada as excepcións foron as seguintes:

Dimensións mínimas e número de pezas autorizadas

Especie Lonxitude Pezas por pescador
Salmón 40 cm. Unha
Reo 30 cm. Cinco
Troita 19 cm. Quince
Sábalo e Saboga 20 cm. Quince
Barbo 18 cm. Sen límite
Anguía 20 cm. Ata 5 Kg.
Solla 25 cm. Ata 5 Kg.
Robaliza 36 cm. Ata 5 Kg.
Muxo 20 cm. Ata 4 Kg.

Excepcionais son os casos dos coutos de Couso e Sinde (río Ulla), nos que a dimensión mínima para a troita é de 21 cm. e a cota de exemplares capturados de 12.

Dende aquí emplazamos a tódolos aficionados á pesca a que respeten estas cantidades dado que é a única forma de manter estas especies nos nosos ríos, aínda que sabemos que non son eles os responsables desta situación. De igual xeito, pensamos que a pesca sen morte é unha modalidade moi interesante e igualmente satisfactoría para o aficionado.


Outras páxinas de interese para os pescadores

Aquí amosamos outras páxinas que poden ser interesantes para os aficionados á pesca.

- Pescando la trucha en Ourense:
http://www.arrakis.es/~fedms/our85.htm
Interesantísimo enlace, con moita información sobre a pesca en Galicia e sobre todo na provincia de Ourense. Podemos obter unha descrición dos coutos desa provincia, das especies que se pescan en Galicia, da lexislación galega e moitas cousas máis.
Sen dúbida, a mellor fonte de información para un pescador de río galego.

- Cotos de pesca
http://www.cotosdepesca.com
Web no que se describen moitísimos dos coutos de pesca de España. Inclúe información sobre os coutos e comentarios dos aficionados.

- Anzuelo y Sedal
http://www.anzueloysedal.com
Páxina web da famosa revista de pescadores Anzuelo y Sedal. Hai moitos artigos publicados online e é unha interesante fonte de información.

- Asociacion para el Estudio y Mejora de los Salmonidos (AEMS)
http://www.arrakis.es/~aems/
Páxina web desta asociación.

Voltar


@2000 naestrada.com   admin@naestrada.com
Última modificación: 30/9/2000
Realizado con Quanta+ 1.04
Gráficos con Gimp 1.04